conversas co avó José (I)
eu tiña trece anos. soñaba con dedicarme ao xornalismo de maior. meus avós viñeran pasar a tarde a casa. collín o radiocasete e pedínlle ao meu avó José, o pai da miña nai, que me contara cousas sobre a súa vida, sobre os meus antepasados. así que foi falando, en castelán, porque meus avós arrastraron sempre os pousos do maldito franquismo que lles facía entender o galego como unha lingua de ignorantes. isto que comparto con vós é un primeiro estracto desa pequena entrevista. conta meu avó José os seus oficios de gaiteiro (dicían que era o maimiño máis rápido de toda Sanguiñeda), barbeiro, home do tranvía, zoqueiro e traballador da fábrica de cerámicas Álvarez. conta tamén as miserias da fame e os medos da súa nenez.
meu avó, seis meses despois desa entrevista, morreu. eu ignoraba por completo a súa enfermidade ate o día da súa morte. agora, trece ou catorce anos despois, escóitoo cunha certa melancolía, pero tamén con orgullo. e parece que dalgún xeito intuín todo o que acontecería despois. para min, os meus avós maternos son a base da miña infancia. con eles vivín moito tempo, de maneira intermitente, ate que con dez anos me mudei de casa. tódolos recordos deles son bos. miña avoa inda vive. logrei que me fale galego sempre. nunca escoitou esta gravación. ao mellor un día póñolla, e nos emocionamos xuntas.
non vos perdades a oración do "pai nóso pequeniño". unha verdadeira xoia en fase de desaparición. cando, sendo estudante de filoloxía, lle comentei a Gonzalo Navaza que tiña este audio gardado, saltou de ledicia. había anos que buscaba por ela. un día destes terei que pasarllo, digo eu. ben o merece. foi dos tipos máis simpáticos que daban clase por alí.
27.8.08
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)


6 fíos deitados:
o coche dos rusos, no que se colgaba o teu avó... fai parte da paisaxe da miña infancia, pasábanos pola carretera de peinador, non o collía moitas veces, baixaba ao calvario a pe as máis das veces.
E dende a casa víase a fábrica de Álvarez, e o cuartel de Barreiro. Qué cantidade de recordos me trae escoitar esta gravación do teu avó.
Yo me conformaría con un trocito de la risa de mi abuelo.
Este audio es oro, Srta.Jess.
Bico.
Mui bo este audio.
Eu tamén facía a gata e o padre nuestro pequeniño aínda o lembra miña sogra. Teño que gravarllo un día.
Xa gravei a versión da miña sogra e xa apuxen no blogo.
Fantástico isto que pos do teu avó.
O meu avó traballo nos rusos e logo meu pai, anque despois fíxose cargo do primeiro, e único, General Motors que Franco mercou como chatarra aos yankees, e traballou como volquete ata os anos 70. Meu pai tamén era un incondicional da bici e facía o percorrido Vigo-Mondariz, así que seguro que se atopou co teu avó. Que pequeno é o mundo miña xoia.
que documento tan bueno! yo también tengo una grabación de hace 30 años, ahora mismo tan guardada que ya no recuerdo :(
gracias por ponerlo!
Enviar um comentário