
ferve a rede
a altas horas deume por participar no concurso de microrelatos eróticos de Vieiros. e, teño que recoñecelo, pensar nestas cousas tan placenteiras e despois escribilas estimula unha certa quentura no corpo. terei que solucionalo. mentres, podedes atoparme fedellando neste enlace e tamén neste e mais neste. quizais fun demasiado directa, pero é que con trece anos xa lera "As once mil vergas" de Apollinare, sen contar aquela secuencia de Amarcord na que unha desbordante muller lle aprendía os praceres da carne a un adolescente: a primeira imaxe erótica que me impresionou. quen pense que as mulleres preferimos o softporno equivócase. como dixo unha amiga miña non hai tanto, a min no cine pérdenme os primeiros planos, sexa do xénero que sexa.
19.2.08
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)


5 fíos deitados:
Ao final imos ser os mesmos.
Eu tamén colguei o meu por Vieiros...
Vémonos en Venezia!
Espero que me avisedes pra esa cita pendente. Eu tam�n te�o ganas de ver-vos.
Explícitos, excesivos,... extupendos? vivan os primeiros planos!
Se follas como escribes eses contos mátasme. Casi prefiro non pensalo. Mira que hora é e sigo relendo unha e outra vez.
Quédome coa exposita :)
Enviar um comentário