16.10.07

o humor gráfico do país foi censurado

e eu sinto tristeza e indignación por esta situación, xa que Aduaneiros é unha das páxinas da blogosfera galega que máis cousas mudaron neste país.



velaquí a imaxe da discordia:



8 fíos deitados:

torredebabel disse...

non sei dicir se Yolanda Castaño é boa poeta pero si direi que as súas actitudes ou ben eu non as entendo, ou ben non son quen de traducir en feitos o que di coas verbas.

Ana Bande disse...

ostia (con perdón) esta sí que é boa, podemos sacar á Leticia traballando arreo e non podemos xogar as mariquitiñas. Papistas hainos, e papanatas, tamén. Iolanda, Iolanda, vénseche as plumas, mellos estabas con todo este vestiario noviño....

Anónimo disse...

Boa poeta? Vende a súa imaxe, porque o que é a súa poesía, deixa bastante que desear na miña opinion. E agora institúese en censora maior do reino (raiña sempre foi un pouco...). “Tu Quoque Iolanda?” Nunca tanta razon tivo esa viñeta coma agora. Traidora e censora, longa vida...

sarijess disse...

*nota: que conste que o que me indigna non é a retirada de comentarios (inda que a maioría deles non contiñan palabras ofensivas, si crítica). ben é certo que a xente ás veces non fan un uso adecuado da súa liberdade de expresión. pero o que baixo ningún concepto pode ser é que tamén se lles esixira ós Aduaneiros a retirada do debuxo da mariquiña. isto lémbrame ó que pasou cos debuxos de Mahoma, e coa portada de El Jueves...

bandini disse...

entiendo que no hay un requerimiento por parte de un juez sino una amenaza de un abogado particular.
por lo tanto no veo la censura por ningúna parte todavía.

creo, pero insisto a lo mejor no estoy entendiendo bien la historia...

sarijess disse...

non se fala da censura dun xuiz, é evidente, porque non se foi a xuízo. fálase da censura dunha persoa pública que esixe que tamén se retire o debuxo da mariquiña.

TXARI disse...

dende logo que é absolutamente condenable que esta rapaza pida por voz do seu avogado que se censure a liberdade de opinión (nom deixa de ser opinión)...tamén vexo que doutro lado a os aduaneiros nom lhes vem nada mal pois coa escasa actividade que tinhan ultimamente este era um bo motivo pra pechar...de todos o xeitos a minha total solidaridade cos aduaneiros...

Anónimo disse...

Os aduaneiros,comunicado victimista e con delirios de grandeza,non si?