9.10.07

MÍVICO



hai persoas que habitan os territorios do nóso redor nas que nunca nos fixamos. simplemente están aí. por iso ás veces é preciso pararse a observar, analizar o que nos rodea para decatarnos de todo o especial que hai nelas. ese foi o motivo polo que quixen facer un documental no que Turi fora o protagonista absoluto. e quizais o éxito veu dado por toda esa xente que, en media hora, logo de ver o vídeo logrou entendelo. emocionoume velo alí sentado na parte atrás do auditorio de Ponteareas onde se celebraba o MÍVICO, xunto coa súa nai, agradecéndolle ó público cos brazos en alto a súa aclamación. foi bonito sentilo por un día o protagonista absoluto. bonito foi tamén recoller o sábado o premio do público polo video "carta dun domingo pola tarde". apertei o precioso miviquiño de peluche a noite enteira en compaña de toda a xente da organización, logo de descubrir no Salón Parroquial un novo grupo que foi o peche de ouro para esta primeira edición do festival, os Musgo.

grazas a toda a xente do MÍVICO por tres días inolvidables.

4 fíos deitados:

O Vingador Paradigma disse...

Dende Quadra e a organización do MÍvico queremos darvos as grazas a tí Sara, a Miguel, a Carta dun Domingo pola tarde, a Turi e a Conversas con Deus, por acompañarnos nesta 1ª travesía sin flotador na que aprendimos a nadar, a tirarnos de cabeza sin ver como é de profundo, pero na que nos fumos cun sorriso nos beizos porque os que alí estivemos curramos moito pero o pasamos ben. Gozamos dos Smartini, vibramos cos Musgo, en fin quedamos con gañas de outra.
Unha aperta grande

TXARI disse...

nom son amigo das definiçoms nem das etiquetas (falham, sempre falham) pero se tivera que te describir (vaia por diante que sem conhecerche) describiriache como umha cazatesouros...pero das antigas, das que até tentando atopalos ían creándoos...a minha máis sincera admiraçom pola ristra de tesouros que vas deijando neste museu ambulante sem fíos nem salas...

Torreira disse...

Si señor,sego a ser sarajessiano!.Bico

sarijess disse...

grazas, soles, polas palabras cariñosas.

Cuco, vémonos o 19 en Ponteareas. virán Os da Ría comigo, e o teu trípode tamén.

;)